Os procesos de recuperación en mascotas soen ser abraiantemente rápidos, se os comparamos cos humanos. Porén, hai convalecencias inevitables (enfermidades víricas, intoxicacións, traumatismos, posoperatorios...) que precisan dunha atención e coidados veterinarios a reo, e que as veces abranguen varios días. Para os animais que requiran hospitalización en TeoVet dipoñemos dunha área, con gaiolas individuais de seguridade onde poden recuperarse en acougo. Un espazo completamente insonorizado, dotado de instrumentario sanitario, climatizado e aséptico, e cos mellores coidados garantidos.